Iván Roade Lago, cun tempo de 32 minutos e 11 segundos, foi o gañador absoluto da carreira SantYago10K que se disputou na noite de onte na capital galega. O vencedor superou con claridade a todos os seus opoñentes. A segunda praza foi para Daniel Barciela, que parou o crono en 33 minutos e 15 segundos. O terceiro posto foi para Amador Pena, con 34.14.
Na categoría feminina, a vencedora foi Leticia Fernández Barbosa, cun tempo de 35 minutos e 46 segundos. En segundo lugar quedou Sandra Mosquera, con 36.22. A terceira posición foi para a corredora Paula Mayobre, con 37.15.
Fonte: www.lavozdegalicia.es