Xa podes consultar toda a información da CorreSan Ruta dos Parque do vindeiro sábado 3 de novembro
Xa estamos na etapa final da CorreSan Ruta dos Parques, o vindeiro sábado celebrarase a terceira proba do VI Circuito de Carreiras Saudables de Santiago. Aquí vós deixamos os detalles técnicos da proba:
HORARIO DAS PROBAS:
- 17:00 horas Carreira sub 18 e superiores 6,1 km aprox. (circuito en liña);
- 17:45 horas Carreira sub 10 – sub 12 1,4 km aprox. (1 volta ao circuito escolar);
- 18:00 horas Carreira sub 14 – sub 16 2,6 km aprox. (2 voltas ao circuito escolar).
SAÍDA DAS PROBAS:
- A Saída da proba absoluta será desde a Cidade da Cultura. A ubicación da mesma será diante da cafetería da Cidade da Cultura.
- As probas de escolares faranse íntegramente no Parque Eugenio Granel.
ENTREGA DE DORSAIS: Farase na liña de meta, atención!!. No parque eugenio granell e antes de coller o autobuses.
TRASLADO DE ATLETAS ADULTOS NA PROBA ABSOLUTA: Farase en autobús desde o Parque Eugenio Granell a partir das 16:00 horas.
SERVIZO DE ROUPEIRO: Na liña de meta, e na liña de saida haberá servizo de roupeiro.
SERVIZO DE DUCHAS: de 16:30 a 20:00 horas no polideportivo municipal de PONTEPEDRIÑA.
ENTREGA DE MEDALLAS AOS GAÑADORES DA PROBA ABSOLUTA E DE CADA CATEGORÍA ESCOLAR: Farase a partir das 18.45 horas no Parque Eugenio Granell.
MOITA SORTE RUNNERS.
#OTEMPOEOTEUCOMPAÑEIRO #CORRESAN2018