O vindeiro sábado 4 de novembro celebrarase a III proba do Circuito de Carreiras Saudables de Santiago. Coñece os detalles organizativos da proba.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Farase no Parque Eugenio Granell a partir das 16.00 horas.
SAÍDA DAS PROBAS: A saída da proba absoluta (xuvenil e superiores) farase desde a Cidade da Cultura de Galicia, diante da cafetería (aproveitade!!). Para elo seredes trasladados desde o lugar de meta (Parque Eugenio Granell (Restollal) en autobuses a partir das 16.15 horas).
A saída das probas escolares será desde o propio Parque.
DUCHAS e VESTIARIOS: Serán habilitadas en horario de 16:30 horasa 20:30 horas as duchas do polideportivo municipal de Pontepedriña (a carón do Parque Eugenio Granell).
SERVIZO DE ROUPEIRO: Haberá servizo de roupeiro en meta e na saída da proba absoluta.
ENTREGA DE MEDALLAS AOS GAÑADORES: Ás 18.45 horas
Como vedes, estades ante o circuito máis rápido e “verde” do Circuito CorreSan 2017, unha ruta absoluta fermosa ideal para a práctica do Deporte San
Non te olvides de compartir para que esta información chegue a todos!!.
#Informando #CorreSan