No Pazo da Cultura de Pontevedra tivo lugar o pasado venres e sábado o inicio do Curso de Monitor Nacional de Atletismo, un total de 15 alumnos participaron nesta primeira xornada.
Todos eles amosaron gran interés nos contidos impartidos nesta primeira fin de semana e amosaron un excelente comportamento durante as 15 horas de docencia, ademais de establecerse vínculos profesionais entre eles co fin de mellorar o texido atlético galego.
Asisten profesionais de Lalín, A Guarda, Pontevedra, Santiago entre outras localidades, algúns deles grandes exatletas e outros atletas actualmente e técnicos en clubes. A Federación Galega deséxalles un bo curso a todos eles!
Por outra parte, este venres comezará o Curso de Monitor Nacional de Atletismo na Coruña, cun total de perto de 30 alumnos.