Todos os atletas que queiran acudir á Media Maratón que se disputará o próximo domingo 23 de febreiro poderán anotarse dende este martes nos centros situados en Ramón e Cajal e Estrada de Baños de Arteixo, xunto aos do resto de Galicia.
O Concello da Coruña xunto con El Corte Inglés queren que todos os corredores que queiran participar conten coas maiores facilidades. Por iso, á pasarela de inscrición vía web a través de carreirasgalegas.com, únese agora a inscrición presencial.
Dende este martes día 11 todos os atletas que desexen tomar parte nalgunha desta proba poden dirixirse á El Corte Inglés para formalizar a súa participación. Poderán inscribirse no centro situado en Ramón e Cajal, acudindo ao Departamento de Deportes (Sétima planta) e no situado en Estrada de Baños de Arteixo, na Segunda planta, onde se empraza a sección deportiva.
Se non residen na cidade herculina, poderán anotarse acudindo a outros centros situados en Galicia. Os corredores deberán encher un formulario de inscrición e aboar a correspondente cota.
O prazo para Coruña21 finalizará á hora do peche do centro comercial o 17 de febreiro. A inscrición presencial no Maratón Atlántico Coruña42 habilitarase a partir do 24 de febreiro.