A Interrunning - Concello do Porriño é unha carreira de 10km homologada pola FEA que se celebra o 12 de marzo no centro urbano de Porriño, este ano como novidade está a carreira de 5km e a homenaxe á muller corredora. Desde a organización comunican a súa alegría ao triplicar a participación da muller na carreira popular comparando coas mesmas datas do ano pasado , "a estas alturas temos case 300 mulleres inscritas e o ano pasado levabamos 90" . A falta de sete días para pechar as inscricións a organización prevé que a muller alcance entre 20-30% do total de inscritos á XI edición da Interrunning.
Un ano máis a organización colabora con SOS Porriño , todos os participantes axudan con 1kg de comida non perecedoira que entregarán en espazos habilitados á hora da recollida do dorsal , cabe destacar a mensaxe de necesidades de SOS Porriño onde reclaman a necesidade dos seguintes produtos : Leite, Cacao, Azucre e Aceite .
Moitas son as novidades que a Interrunning ten preparado para todos os participantes e público , inscricións abertas na web
(aquí)
Interrunning -Concello do Porriño 2017