A falta de 10 días para a XII edición da Interrunning - Concello do Porriño están a baterse todos os récords de inscritos , a estas alturas hai máis de 1600 inscritos. Todo apunta a que o día 18 de marzo Porriño convértase na capital do atletismo popular en Galicia . Ademais do xa tradicional circuíto de 10km homologado pola RFEA , este ano vólvese dar a opción de 5km e para os máis pequenos desde as 10.00horas circuítos adaptados a idades. Lembramos o noso compromiso con SOS Porriño e que tod@ s os participantes teñen que traer un kg de comida non perecedoira con preferencia dos seguintes alimentos :Leite, Aceite e Azucre.
Porriño prepárase para vivir a mellor edición da Interrunning coa retransmisión en directo vía streaming e a mellor participación de atletas de elite do panorama galego.
Inscríbete agora na
web ou nas tendas físicas de Intersport Porriño,Vigo e Pontevedra.