luns, 28 de decembro de 2015

IRENE CASTAÑO E ADRIÁN MORENO GAÑAN A POPULAR DE CESURES (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

As rúas de Cesures enchéronse onte de xente con présa. Xente de todas as idades, algo máis de 300, que competiron nas nove categorías fixadas na décimo sexta edición da Carreira Popular da localidade do Baixo Ulla.

Adrián Moreno Ramil, do C.A. Marineda Atlético da Coruña, marcou o mellor tempo, empregando 12.53 en cubrir os 4 quilómetros do trazado que a proba fixou para as categorías de maiores de idade. O padronés Roberto Agrelo foi segundo en 13.08 e Miguel Penedo, de Rois, terceiro en 13.18. Na categoría reina feminina foi Irene Castaño García, do C.C. Tríatlon Arcade de Santiago, a gañadora con 15.26, seguida da estradense Rocío Carbia en 15.42 e Carla Castaño terceira en 15.48.

Na categoría competitiva dos máis pequenos, a prebenjamín, Marcos Expósito (Ames) e Aldara Paz (Cuntis) levaron os trofeos de gañadores.