No transcurso da Asemblea Extraordinaria celebrada onte na sede da Secretaría Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia (Santiago de Compostela), Isidoro Hornillos foi proclamado novamente Presidente da Federación Galega de Atletismo durante o período 2014-2018.
O ex atleta olímpico, que tampouco nesta ocasión tivo rivais que lle disputasen a presidencia, indicou na súa intervención que asume o cargo con humildade, responsabilidade e máximo compromiso. Xustificou a súa candidatura indicando que como dirixente deportivo atópome no mellor da miña vida e sinto, modestamente, que teño capacidade e experiencia para seguir prestando servizos ao atletismo galego.