A IV Carreira Camiño das Letras entra na súa recta final para a inscripción de todos aqueles que queiran correr nela, xa que o prazo para apuntarse remata o mércores 10 de maio as 23.59 horas momento no que se pechará a posibilide de participar neste evento deportivo-cultural que reúne as familias, este ano no marco incomparable da Cidade da Cultura.
O domingo 14 de maio, en horario de mañán, volven a unirse cultura e deporte na IV Carreira Camiño das Letras que conmemora O Día das Letras Galegas, e que nesta edición variará o seu percorrido xa que partirá do Pico Sacro, no concello de Boqueixón, e seguindo o Camiño do Sueste terminará na Cidade da Cultura.
A partires das 10 da mañán, os corredores sairán do Pico Sacro, tomarán a Ruta da Prata e tras cubrir unha distancia de 15 quilómetros, rematarán unha Carreira, que este ano complícase un pouco, nas instalacións da Cidade da Cultura.
A os tres primeiros clasificados da carreira absoluta, mulleres e homes, se lles entregará un trofeo, diseño exclusivo no que se retratan os perfiles do Pico Sacro e a Cidade da Cultura superpostos, ademáis dun lote de libros.
O rematar, como xa é tradición, tódolos participantes, maiores e pequenos, recibirán un libro en galego e un diploma acreditativo da súa participación. A tódolos gañadores en cada unha das categorías, se lles entregará un lote de libros cortesía da Consellería de Educación, que a través das súas Secretarías Xerais de Cultura e Política Lingüística patrocinan este evento deportivo-cultural.
Nesta edición, aos rapaces se lles fará entrega dunha medalla, premio o esforzo realizado na carreira, además dun libro e o diploma conmemorativo, que recordará o traballo do persoeiro o que este se lle dedica o día das Letras Galegas, Carlos Casares.
Este ano os rapaces comenzarán a correr media hora despois dos maiores, é decir, as 10,30. Os cadete-xuveniles serán os primeiros en cubrir os 3000 metros deseñados tanto para nenos como nenas, que correrán xuntos e igual distancia. As carreiras rematarán preto das 12.00 cos máis pequenos da casa, os pitufos.