venres, 11 de setembro de 2015
IV CARREIRA NOCTURNA “CORRE POR FERROL”. III CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA
A IV Carrera Nocturna Corre por Ferrol, organizada polo Servizo de Deportes do Concello de Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o sábado 12 de setembro de 2015 a partir das 20:00 h da tarde. A proba pertence o III Circuito Provincial de Carreiras Populares organizado pola Deputación da Coruña.