Iván Docampo e Leticia Fernández foron os gañadores onte da VIII Nigrán Area, organizada pola Sociedade Atlética Val Miñor e o Concello de Nigrán entre Praia América e Panxón.
A cita reuniu a uns 700 corredores na súa oitava edición que tiveron que completar os diferentes circuítos que ían desde 100 aos 6.000 metros, en función da idade e categoría.
O vencedor absoluto foi o atleta de Ribadavia Iván Docampo, que parou o crono en 19:12. Seguno, tras cruzar a meta 36 segundos despois foi o godomareño Brais Misa, seguido do tudense Emilio Pérez Groba (20:02). Na categoría feminina, tras Leticia Fernández (22:39), clasificáronse a gondomareña Elena Costas (24:42) e Aída Martínez (24:51).