O campión do mundo de tríatlon no ano 2002, Iván Raña, será un dos rivais a bater na carreira absoluta da IV Benquerencia Terra Mar, programada para o próximo 4 de setembro.
A organización confirmou a inscrición do ordense ademais de invitar a todos a apuntarse ata o día 1 en www.carreirasgalegas.com.
Esperan uns 400 atletas nas distintas categorías nunha popular que salgue de Benquerencia, atravesa a praia de Balea e percorre 300 metros pola beira do mar.
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, o xefe provincial de Deportes, Manuel Otero, o organizador José Otero e representantes das entidades colaboradoras participaron o xoves na presentación, en Fontela.
Fonte: www.lavozdegalicia.es