Iván Roade e Edymar Brea foron os dous protagonistas da edición número quince da Carreira Pedestre Popular Concello do Pino, que contou con máis de cincocentos atletas. Foron os gañadores na categoría absoluta. Iria Souto foi a atleta máis nova, con 18 meses de idade, e José Pampín, o máis veterano, con 72 anos. Na proba de canicross, os vencedores foron Óscar Piñeiro e Mónica Touriño.
Na categoría absoluta, os tres primeiros masculinos foron Iván Roade, Amadeo Abal e Anxo Castro.
Fonte: www.lavozdegalicia.es