O 31 de decembro as 17.00 dará comezo a IV San Silvestre Pontesa, proba que poñerá punto e final a este ano 2014. Unha tarde chea de disfraces, sorteos e chocolate quentiño… A inscripción pecharase o Luns 29 ás 23.59. Espérase pasar dos 500 inscritos e así seguir medrando, para poder facer deste evento, unha carreira de referencia na comarca.
Ten un percorrido de 5km aproximadamente na categoría absoluta, e que terá lugar pola zona céntrica do Concello de As Pontes, sendo o seu centro neurálxico o Colexio Público de Santa María. Haberá servizo de gardaroupa, duchas e teremos un apartado especial no que se recolleran alimentos non perecedeiros para os Servizos Sociais do Concello de As Pontes que se poderán entregar ao recoller o dorsal, sendo de maneira TOTALMENTE VOLUNTARIA, non e requisito obrigatorio para recoller o dorsal, pero agradecerase a colaboración neste tempos tan difíciles para moitas familias.
Esta non é unha carreira para competir, é unha carreira para disfrutar con amigos ou familiares, unha maneira ben distinta e san de rematar o ano, iso sí, o chocolate quentiño ao chegar a meta senta de maravilla!!!!! E como agradecemento a todos os participantes, haberá regalos, ademais de para os mais rápidos, tamén para os disfraces mais orixinais, podendo participar de maneira individual, por parellas ou en grupo, asi mesmo como correndo ou andando, xa que é unha proba aberta a todo o mundo.
Como novidade, este ano, teremos con nós, unha Asociación animalista, Pegadas Solidarias, de recente creación en As Pontes, que o seu principal obxetivo é abrir un refuxio de animais en As Pontes, para acoller principalmente cans abandoados e sen fogar, así como concienciar á sociedade da adopción deste animais e non o seu abandono.