O domingo 29 de decembro do 2013 celebrouse unha das clásicas do atletismo galego. A IX Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares- Mugardos.
Esta proba en liña que une os concellos limítrofes de Ares e Mugardos, con saída e chegada nesta edición na segunda localidade da comarca ferrolana.
Nun circuíto relativamente esixente no súa parte final déronse cita preto de 400 corredores que afrontaron o percorrido en torno a 13 kms con ánimo navideño. Vitorias claras para o atleta riojano Rodolfo Somedavilla e para a internacional local Paula Mayobre, fichada no Bikila.
Outra das características singulares da carreira é que non existen premios oficiais senón unha gran cantidade de sorteos que permiten manter a ilusión dos atletas ata o último momento. Na seguinte edición, que chega xa á décima, será o concello de Ares en albergar tanto a saída como a chegada desta prestixiosa carreira.