domingo, 4 de decembro de 2016

JAVIER PAREDES IMPÚXOSE CAMPO A TRAVÉS NO GUILLELME BROWN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Cros Guillelme Brown cumpriu vinte e un anos e un veterano como Javier Paredes foi o máis rápido na súa proba absoluta, a que superaba algo máis de 4,2 quilómetros e que pechaba unha matinal na que se sucederon saídas en todas as categorías de base, con medio milleiro de participantes entre todas elas, o tope definido pola organización para que todo saíse como estaba previsto.