luns, 27 de marzo de 2017

JAVIER TOURÍS E ROCÍO ALVITE FORON OS MELLORES EN VIMIANZO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A choiva non impediu un novo éxito na sétima edición da Carreira Popular Concello de Vimianzo. Onte participaron 676 atletas dos 883 inscritos. Iso indica o interese e o atractivo do circuíto Correndo pola Costa da Morte.

No plano deportivo, a proba reina (a 10K) foi completada por 297 atletas. Javier Tourís (A Coruña) e Rocío Alvite (Mazaricos) cumpriron perfectamente o guion ao conquistar os respectivos galardóns en cada unha das categorías absolutas. Pero Tourís tivo, en principio, dous invitados non esperados, ambos os do Club Atletismo Coruña Comarca, Fernando Díez e Diego Ruiz. O primeiro aguantou moi ben o ritmo imposto polo vencedor final e as diferenzas foron mínimas. Tamén houbo tres representantes da Academia Militar de Marín, que se distinguían pola súa uniformidade coas cores da bandeira de España.

Na categorías de 3K, o gran favorito tampouco fallou: venceu Martín Rellán (Laxe), que tamén se impuxo en Camariñas. Na categoría feminina Paula Esteiro (Camariñas) triunfou na súa primeira participación esta tempada, xa que non puido estar na cita inaugural. Nesta categoría concluíron a proba -foi cando mais choiva caeu- un total de 108 participantes, ente os que había 60 mulleres, mentres que en 10K dos 297 atletas 54 eran mulleres.
Ademais da Policía Local de Vimianzo participaron Protección Civil de Muxía, Camariñas, Corcubión, Zas, Carballo e Vimianzo. Tamén houbo masaxe nun carpa habilitada.