domingo, 27 de agosto de 2017

JONATHAN FERNÁNDEZ FOI O MÁIS RÁPIDO NA CARREIRA NNOCTURNA FERROLÁ (Fonte: www.www.diariodeferrol.com)

Jonathan Fernández, do club Pasa ou Entorna, foi o máis rápido, cun tempo final de 15:39, en completar os cinco quilómetros de percorrido da sexta edición da carreira nocturna Corre Ferrol, disputada onte polo centro urbano da cidade naval e con saída e chegada na praza de Armas. Fernández superou nos últimos metros ao xuvenil Pedro Osorio, mediofondista do Ría Ferrol, mentres que a terceira posición foi para o veterano Amador Pena, representando ao club Vagalume Energía.

Preto de medio milleiro de corredores tomaron parte nunha cita, puntuable para o Circuíto Provincial de carreiras, que se caracterizou pola velocidade do percorrido. O gañador da proba, de feito, destacaba a velocidade á que se completou a carreira, na que os participantes puideron gozar dalgunhas paraxes da cidade naval no percorrido establecido pola organización do evento, que visitou zonas como o peirao de Ferrol.

A gañadora da competición feminina foi Inés Bereijo, do Ría Ferrol-Concepción Arenal, cun tempo de 19:38. Acompañárona no podio da competición ferrolá a xuvenil Carlota Ansede - do Atletismo Lucus - e a veterana Eusebia Maldonado.