José Anxo Díaz e Rebeca Mariño foron os nomes propios da Trailgalaica ao seu paso por Muros. O corredor do Club Atletismo Sada, e a deportista de Mallorcatrail, pecharon en primeiro lugar, e con dous excelentes tempos.
Pablo Conde e Salvador Guerrero completaron o podio masculino desta modalidade. Pola súa banda, na carreira curta de 20 quilómetros, Rubén Caamaño e Bego Lois foron os vencedores. Alberto Carou, Kiko Lago, Olalla Conde e Marga Moreno tamén se subiron ao caixón de honra.