sábado, 25 de outubro de 2014

JUAN ANTONIO GUDE VILA E ANA GONZÁLEZ MARGARIDE FORON OS GAÑADORES DA SEXTA EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR "ARUMES DO CORGO".

Éxito de participación e de organización da sexta edición da Carreira Popular "ARUMES DO CORGO" Cun día soleado e unha estupenda temperatura gozouse dun bo ambiente. A proba contou cunha gran participación, que vai crecendo ano a ano.

O corredor Juan Antonio Gude Vila foi o gañador da categoría absoluta na distacia de 5.300 m cun tempo de 17:15. En mulleres gañou Ana González Margaride cun tempo de 20:55.