A Milla Urbana celebrou a súa décimo cuarta edición. Un ano máis o Concello de Ames organizou esta carreira na que se inscribiron 281 persoas. Tanto atletas profesionais como afeccionados percorreron unha milla, algo máis de 1.600 metros. Nesta ocasión a cita tivo lugar este domingo, 15 de xuño, dende as 11:00 horas na Travesía do Porto, situada na localidade do Milladoiro. Os atletas estiveron divididos en oito categorías distribuídas segundo a idade. Na proba absoluta o campión na categoría masculina foi Juan Carlos Mosquera Dopazo, mentres que na categoría feminina a campioa foi Sofia Sueiro Iglesias. Na entrega de premios estiveron presentes o alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, e o concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar. As clasificacións de todas as categorías pódense consultar na páxina web www.carreirasgalegas.com.
A Milla Urbana é unha carreira que xa está consolidada no mundo do atletismo de Ames e da comarca. Este ano celebrouse a décimo cuarta edición desta proba que segue espertando o interese de atletas pertencentes a clubs profesionais e de todas aquelas persoas que gozan facendo deporte. Os e as participantes tiveron que percorrer unha milla, é dicir, máis dun quilómetro e medio, por diferentes rúas do Milladoiro fixadas no circuíto que tivo a saída e a chegada no aparcadoiro da Travesía do Porto.
Nesta edición inscribíronse un total de 281 persoas. Os atletas estiveron distribuídos en oito categorías segundo a idade. A distancia que había que percorrer era dunha milla, excepto para os máis pequenos. Os prebenxamíns debían completar un circuíto de 330 metros, os benxamíns 660 metros e alevíns 990 metros. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as clasificacións das categorías prebenxamín, benxamín, alevín infantil e cadete da XIV Milla Urbana.
Na proba absoluta (categoría promesa-sénior) proclamouse campión Juan Carlos Mosquera Dopazo. Na segunda posición quedou Anxo Carreira Casais e terceiro foi Anxo Ruanova Fernández. Neste categoría, pero na modalidade feminina, gañou Sofia Sueiro Iglesias. Segunda foi María Bao Carro e terceira quedou María Luz Mendoza Escalona. Categorías xuvenil-xunior e veteranos
Na categoría xuvenil-xunior gañou Rubén Buceta Seijas. Segundo foi Adrián Picallo Mato e terceiro quedou Eloy Sanín Cortizo. Na categoría feminina impúxose Nerea Casal García. A segunda posición foi para Vanesa Varela Rivas.
Na carreira de veteranos houbo cinco categorías (A, B, C, D e E). Na categoría A impúxose Miguel Cabo Villaverde. Segundo foi Alfonso López Menduiña e terceiro quedou Ramón Silva López. Na categoría A feminina gañou Natalia Lorenzo Pérez. Na categoría B impúxose Francisco Pazos Campos. A segunda posición foi para Mario González Freire e terceiro quedou José Manuel Cernadas Trillo. Por último, na categoría C gañou Ramiro Pérez Pereira. Segundo foi José Manuel Insua Rodríguez e na terceira posición quedou Jesús Antonio García Cao. Por outra banda, na categoría D gañou Puri Carineña Amigo. Segunda foi Silvia Mariño Rey e en terceira posición quedou Carlota Blanco. Finalmente, na categoría E impúxose Amparo Portabales Dobaño. Na segunda posición quedou Isabel Arias Pérez e a terceira posición foi para Lourdes García Vázquez. As clasificacións das categorías promesa-sénior; xuvenil-xunior; e de veteranos pódense consultar na páxina web www.carreirasgalegas.com.
Tralas carreiras os participantes desprazáronse ata a Casa da Cultura do Milladoiro para presenciar o acto de entrega de premios. O alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, e o concelleiro de Promoción Económica e Educación, Bernardo Moar, foron os encargados de facer entrega dos trofeos aos gañadores e gañadoras.