A III San Silvestre de Ourense deixou un bo sabor de boca aos deportistas que celebraron a marcha do ano correndo. O mellor de todos foi Julián Romero que empregou un tempo de 16:48 minutos para percorrer os cinco quilómetros da proba.
Alejandro Montero e Héctor Álvarez foron segundo e terceiro respectivamente. En mulleres, a primeira en cruzar a liña de meta foi Leticia Fernández Barbosa. Zulema González e Ana María Santiso foron a segunda e a terceira clasificada.
Un dos momentos máis emocionantes foi cando Pepe Martínez cruzou a liña de meta entre unha gran ovación do público que se congregaba alí. O atleta veterano parouse para dar grazas a todos os que lle deron apoio.