domingo, 28 de xuño de 2015

LEONARDO RODRÍGUEZ E PAULA MAYOBRE GAÑAN A NAVAL (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Máis de 600 deportistas gozaron este domingo da Carreira da Ruta da Construción Naval, que pasou polos principais puntos do itinerario turístico. 

Un sobe e baixa que endureceu as marcas dos atletas que cruzaron a meta de Batallóns por detrás de Leonardo Rodríguez Pena, campión cun tempo de 34.26, seguido por Diego Ruiz (34.36) e Marcelo Vásquez (34.55). Paula Mayobre (40.03) foi a máis rápida entre as mulleres, con María Cabadas (41.54) en segunda posición e na terceira María Rodríguez Rodríguez (43.32), que superou no esprint polo bronce a Luz Cercido (43.33).

O bo tempo, aínda que co ceo nubrado, deu vistosidade a unha proba seguida por numeroso público e organizada polo Club de Corredores Populares da Armada.