venres, 5 de febreiro de 2016

LISTAXE DE DORSAIS DO MEDIO MARATÓN C21

Xa podes consultar o número de dorsal asignado pola organización do Medio Maratón Coruña 21.



Entrega de dorsais

A entrega de dorsais e chip realizarase no Departamento de Deportes do Corte Inglés de Marineda City o venres en horario de 17:00 a 22.00 horas e o sábado de 10:00 a 21:30 horas. 

Tamén poderán recollerse os dorsais o propio día da carreira na oficina móbil cedida por Powerade na zona de saída/meta no Obelisco, ata unha hora antes da saída (de 8:00 a 9:00 horas). Rógase aos participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal, para evitar aglomeracións.