domingo, 31 de xullo de 2016

LOITO NO ATLETISMO GALEGO

Esta mañá padecemos unha gran perda, faleceu Don Manuel Augusto Alonso Rodríguez uno dos grandes homes e nomes do atletismo galego e nacional D.E.P 
A partir das 20.30, estará de corpo presente na sala 2 do tanatorio Vigo Memorial, desde onde mañá ás 17.00 procederase á condución dos seus restos mortais ao Cemiterio Municipal de Lavadores, onde recibirán cristiá sepultura

A Federación Galega de Atletismo quere  mostrar as súas condolencias ao seu fillo Javi  compañeiro e amigo  da Delegacion en Vigo, aos familiares, ao Real Club Celta de Atletismo e todo o atletismo galego, polo falecemento duns dos seus atletas máis emblemáticos 

Historial Atletico:
- Campión de España de 3.000 m. obstáculos en 1956,57, 58, 59, 60, 61, 62 e 64 e de 5.000 metros lisos en 1961. 
- Primeiro español en baixar dos 9 minutos (8:56) nos campionatos de Europa no ano 1958 (Estocolmo). 33 veces internacional. 
- Prata nos Xogos Mediterraneos en Beirut (1959) en 3000 obstaculos. 
- Prata nos Xogos Iberoamericanos de Santiago de Chile (1960) 3000 metros obstaculos. Campionatos de España
- 1956 Campión de España de 3.000 m. Obst. (9.25.4) Oviedo 
- 1961 Campión de España de 3.000 m. Obst. Participou coa Federación de Cataluña
   Campión de España de 5.000 m. . Participou coa Federación de Cataluña
- 1962 Campión de España de 3.000 m. Obst. Participou coa Federación de Cataluña 
- 1964 Campión de España de 3.000 m. Obst. Participou coa Federación de Cataluña 
- 1968 Campión de España Campo a través Clubs en Madrid co Real club Celta de Vigo 
- 1969 Campión de España Campo a través Clubs en Madrid co Real club Celta de Vigo