Un ano máis, e xa van nove, Lolo Penas repiteu triunfo no pobo máis cercano á súa terra natal, Arzúa. Na categoría femenina foi tamén Ester Navarrete a que repiteu triunfo por terceira vez consecutiva. A ambos atletas foron acompañáranos no podio Hassan Lekhili e Nuno Costa no apartado masculino e Raquel Suárez Pedrosa e Mela Penas no femenino.
A décimo segunda edición da carreira pedestre popular do Concello de O Pino foi a 2ª proba do Circuito de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña. As inclemencias meteorolóxicas non impediron que os centos de atletas desprazados ata a localidade pinense de Pedrouzo desfrutasen dunha mañá de deporte que comenaría pola tradicional proba de canicross popular que dominou Roberto Salvado de ACADE. As probas escolares pecharon a xornada atlética e deron paso a entrega de premios que presidiu o alcalde e diputado provincial Manuel Taboada Vigo.