domingo, 19 de febreiro de 2017

LOLO PENAS E PAULA MAYOBRE GAÑAN O CAMPIONATO DE GALICIA DE 10 QUILÓMETROS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Lolo Penas, cun tempo de 30 minutos e 29 segundos; e Paula Mayobre, con 35.29, conseguiron adxudicarse en Padrón a décima edición do campionato galego de 10 quilómetros en ruta. Tras Lolo Penas clasificáronse David Santos (30.34) e Manuel Furtado (30.43), en segundo e terceiro lugar, respectivamente. Na categoría feminina, tras Paula Mayobre cruzaron a liña de meta Melina Alonso, que parou o crono en 36 minutos e 04 segundos, e Raquel Suárez (36.07).

Na competición masculina, os tempos dos tres primeiros foron moi igualados, separados por escasa marxe, o que indica a gran pelexa por lograr o título. Na primeira volta escapáronse cinco corredores, os favoritos ao triunfo final.

Moito público presenciou a carreira, a pesar da choiva e ao frío.


Fonte: www.lavozdegalicia.es