mércores, 24 de decembro de 2014

ÚLTIMA HORA. ABERTO O PRAZO DA X CARREIRA DE FIN DE ANO MUGARDOS - ARES - MUGARDOS

A organización da  X Carreira de fin de ano Mugardos-Ares_Mugardos realiza un último esforzo abrindo o prazo de inscrición un día máis. O prazo para unha gran festa deportiva remata hoxe 24 de decembro ás 23:59. 

Trátase dunha carreira cun grande encanto que discorre este ano polo seguinte circuíto: Saimos e percorreremos uns 2km por zona cha totalmente que é o casco urbano de Ares ata chegar á estrada que une Ares e Mugardos, onde progresivamente iremos ascendendo ata o Alto de Simou, que ven sendo uns 2km de subida, dende ahí descenderemos ata Mugardos, agás unha pequeniña subida de 200m xusto antes do colexio público. Tras pasar o avituallamento, situado enfronte do Concello de Mugardos,  iniciaremos unha subida ata a chamada Cruz dos Caídos, logo un llano duns 300m. e de novo subidita duns 200m. ata a zona do Instituto, tras el llaneamos ata o colexio público e sí, dende ahí ascendemos de novo ao Alto de Simou, para xa logo ter que descender ata a meta.