sábado, 19 de decembro de 2015

ÚLTIMA HORA: CAMBIO DO CIRCUÍTO NO 54º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO)

Na 54ª edición do Gran Premio Pedestre do Nadal (Carreira do Pavo), que se celebrará o domingo 27, vémonos obrigados a cambiar o circuíto inicialmente publicado, por condicionantes de tráfico, xa que ese día numerosos centros comerciais abrirán.

O novo circuíto mantén a distancia de 5 km por volta e continúa sendo totalmente chairo.

O circuíto das probas de menores non se varía. Ambos, xunto con outra información pódense ver facendo clic para ampliar a imaxe a continuación.

  • Haberá camiseta para os 850 primeiros inscritos nas carreiras de 5 e 10 km.
  • Coma en Vigo + 11, o Centro Podolóxico Galego fará un estudo biométrico gratuíto na entrega de dorsais o sábado 26 na Casa do Deporte (de 12 a 14 h e de 16 a 20 h).