venres, 1 de xullo de 2016

ÚLTIMA HORA DA I CARREIRA POPULAR CONCELLO DE BEGONTE: CAMBIOS E SERVIZOS

Polo motivo da ampliación do prazo de inscrición ata o venres 1 de Xullo ás 14:00h, modificáronse as horas e lugar de entrega, quedando establecidos da seguinte forma:
  • Sábado 2 de Xullo de 17h ata as 20h en ALTAFIT LUGO, sito en Rúa Mar Cantábrico, 23 (Lugo).
  • O mesmo día da proba ata 45' antes da saída.

Da mesma maneira, informamos que solicitados os permisos pertinentes para celebrar a I Carreira Popular Concello de Begonte, a quen corresponde, acábasenos de informar de que o noso circuíto non é válido.

Remítennos á información que aparece na o Boletín Oficial do Estado. 
Aínda así nos apresuramos a deseñar un novo percorrido, igual de atractivo, e mesmo tan rápido ou máis que o inicial.
Sentimos profúndamente as molestias. Este contratempo supúxonos un traballo extra, pero facémolo con moita ilusión para que poidades gozar dunha mañá lúdico-deportiva fantástica no noso Concello.

Todos os papás e mamás que estean a pensar en traer aos seus pequenos ou amigos, que non o dubiden, mañá teremos un inchable, cun monitor para diversión dos máis pequerrechos.