martes, 20 de outubro de 2015

ÚLTIMA HORA DA III EDICIÓN: CONTRA EL CÁNCER ¡CORRE POR FERROL!

Por motivos alleos á organización da III CARREIRA POPULAR "AECC en marcha - Contra o cancro, corre por Ferrol". Prodúcese un cambio nos horarios, quedando establecidos da seguinte maneira:

  • Infantís: 09:45
  • Alevíns: 10:05
  • Benxamíns: 10:25
  • Prebenxamíns: 10:35
  • Adultos: 11:00
Tamén se realiza un cambio no lugar e horario da entrega dos dorsais con chip, quedando establecido da seguinte maneira:

  • No Cantón de Molíns, o día antes da carreira (31 de Outubro de 2015), de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
  • O mesmo día da proba ata media hora antes do comezo da mesma, (Cantón de Molíns).
Todos aqueles corredores que debido ao cambio de horario que non queiran ou non poidan participar nas súas respectivas carreiras da III edición da III CARREIRA POPULAR "AECC en marcha - Contra o cancro, corre por Ferrol". Deben mandar un correo electrónico a info@carreirasgalegas.comcon os seus datos persoais (Nome, apelidos e DNI) solicitando a baixa da carreira e a devolución do importe da mesma.

Un cordial saúdo e desculpen as molestias.