O Concello de Mugardos ten solicitado a Portos de Galicia o pasado 29 de xaneiro autorización para a celebración da II Milla Nocturna Concello de Mugardos. No día de hoxe(16/3/2018) Portos de Galicia comunica ao Concello que non autoriza a celebración da MILLA na Avenida do Mar por non estar dentro das actividades dispostas na Resolución do Presidente de Portos de Galicia do 26.09.2017, publicada no DOG nº 190 o 5 de outubro de 2017, e da que este Concello non tivo comunicación até o día de hoxe.
Polas causas expostas e alleas á organización, a Milla trasládase á Avenida do Cristo sendo a recollida de dorsais e entrega de premios no propio Pavillón polideportivo do Cristo. Mantendo os mesmos horarios para as carreiras.
Desculpen as molestias.