mércores, 12 de outubro de 2016

ÚLTIMA HORA V CORRESAN. RUTA DOS PARQUES

Ampliación do prazo de inscrición para a carreira ata as 23:59h do próximo xoves 13 de outubro.

Tamén podes consultar aquí os circuitos e toda a información da proba dos Parques do vindeiro sábado.

Coa colaboración da Cidade da Cultura de Galicia , coñece o fermoso percorrido desde o Bosque de Galicia, o Paseo Fluvial do Sar recentemente rehabilitado e o Parque Eugenio Granell da CorreSan Ruta dos Parques do vindeiro sábado 15 de outubro.

Compre lembra que …
18:00 horas: SAIDA proba absoluta (traslado de atletas en autobús desde o Parque Eugenio Granell a partir das 17 horas)
19:00 horas: ESCOLARES I (1,2 km aprox.1 Volta ao Circuito) Categorías benxamín e alevín. Parque Eugenio Granell.
19:15 horas. ESCOLARES II (2,4 km aprox. 2 Voltas ao Circuito) Categorías infantil e cadete. Parque Eugenio Granell.

RECOLLIDA DE DORSAIS a carón da meta a partir das 16.30 horas.
DUCHAS: polideportivo municipal de Pontepedriña ou Restollal.