xoves, 4 de xuño de 2015

ÚLTIMA HORA VI CARREIRA POPULAR PEDESTRE "TORDOIA IN ESSENCE"

Ampliado o prazo de inscrición para a VI Carreira Popular Pedestre "TORDOIA IN ESSENCE" do próximo 6 de xuño ata as 22.00 horas do día 4 de xuño.

Trátase dunha carreira enmarcada dentro do III Circuito Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña.

A organización aumenta os seus esforzos para dar o mellor servizo aos seus corredores, un evento que se desenvolverá na véspera dunha das festas máis importantes do noso Concello.

Situados a 35 minutos da Coruña e 30 minutos de Santiago, cunha ubicación inmellorable, e  cun percorrido atractivo (case un 70% dos 6800 metros, é de terra), así como un ambiente enxebre e acolledor, coa ilusión de todo o pobo involucrado na organización (elaborando petiscos e animando);  si que podemos calificar a nosa carreira como unha Carreira Popular das de antes, na que todos/as os participantes levarán como recordo material unha camiseta técnica, e como ben especifica o regulamento, trofeos e medallas do III Circuíto Provincial da Deputación da Coruña. 

Por todo isto e máis, contamos contigo para axudarnos a que o mellor recordo da “VI Tordoia in essence” sexa o recordo inmaterial do vivenciado con nós.