A falta de dúas semanas para que se dispute a segunda edición da Santyago 10K, a carreira nocturna que discorrerá pola zona antiga de Compostela, son xa máis dun milleiro os inscritos.
A partir do luns, a cota é de quince euros. Pero quen se apunten ao longo da xornada de hoxe e a de mañá, ata a media noite, terán que pagar só seis euros. Para os usuarios das instalacións do Multiusos de Sar e Santa Isabel é de catro euros, pero ata as 14 horas do domingo. A inscrición pódese facer presencialmente nos referidos centros deportivos ou na web www.santyago10k.es.