martes, 12 de xullo de 2016

ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE NA I CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO

As cifras de inscritos superan xá os 150 inscritos a falta dunha semana para o peche de inscripcións. O próximo mércores 20 de xullo finaliza o prazo de inscripción para a carreira popular que organiza a Asociación Cultural Adro de Vilaño en colaboración co Concello de A Laracha. A organización está cos últimos preparativos e todo fai indicar un gran evento no que poder disfrutar dunha tarde de deporte de lecer.

Poden participar desde nenos de 3 anos ata aduñtos de calquera idade, habendo premios para todos eles. Tamén se celebra unha Andaina Saudable e Solidaria, na que a metade da recaudación será doada a Cáritas de A Laracha

Todos os inscritos recibirán unha camiseta gratuita, barritas enerxéticas, bebida isotónica e pinchos variados ao finalizar a proba. Ademáis a organización habilita unha zona de gardería con varios monitores que coidarán e animarán os nenos nun espacio reservado para elo. 

As inscripcións poderán facerse ata o próximo mércores na web www.carreirasgalegas.com, no Concello de A Laracha, na Piscina Municipal e en Cultiagro. Máis información no facebook Adro de Vilaño.