Ribeira acollerá este sábado unha carreira popular moi particular. Trátase da Cool Run, un evento organizado polos 40 Principais que propón un percorrido de cinco quilómetros nos que os xogos de luces e a música en vivo a cargo de disyóqueis serán os protagonistas do ambiente. Onte xa había máis de 200 inscritos de distintos puntos de toda a comarca.
Esta carreira nocturna arrincará ás once e finalizará ás dúas da mañá. Con todo, haberá actividades preparadas desde as sete da tarde en praza de España. Entre elas haberá sesións de zumba e de baile, así como postos de maquillaxe corporal.
Nome propio
Ás doce e media terá lugar a entrega de premios e, un cuarto de hora máis tarde, a actuación do DJ Pablo Méndez, con performance incluída. O prezo da Cool Run é de 15 euros e con ela entregarase unha camiseta co dorsal e unha mochila. Para inscribirse hai que acceder á páxina: www.coolrun.es. O consumo de alcol non estará permitido.