A cuarta proba puntuable para o circuíto de carreiras de montaña Trail Galaica, disputada na Baña, foi dominada con autoridade por Luís Calvo e Rebeca Mariño no trazado longo, de algo máis de vinte e catro quilómetros.
O veterano atleta de Negreira foi o único que baixou das dúas horas: 1.59.19. Completaron o podio o brionés Juan Jesús Barral (2.09.32) e Salvador Guerreiro (2.10.24). Mariño, natural de Boiro e agora afincada en Palma de Mallorca, asinou un crono de 2.32.10. A continuación entraron as compostelás Eva de la Fuente (3.01.32) e María Montoiro (3.06.54). Carreira cortaEl trail curto, de case 14 quilómetros, tamén foi para Negreira.
No cadro masculino os dous primeiros foron os irmáns Rubén e Carlos Martínez Mallo. O primeiro empregou 1.09.11 e o segundo 1.14.27. Terceiro foi Juan Cepeda, de Boiro: 1.14.33. No cadro feminino completaron o podio a noiesa Vanessa Maneiro (1.54.10), a tudense Natalia Sierpes (1.56.27) e a coruñesa Xa Li Chen (1.59.19).
A organización tamén habilitou un trazado para os máis pequenos, no que tomaron a saída 29 corredores.
Acabaron facendo máis quilómetros dos previstos por un erro de dirección no primeiro avituallamiento. Os gañadores foron Uxío Domínguez e Carla Balsa en benjamines, Rubén Balsa e Alba Sánchez en alevíns, Breogán Domínguez e Xiana Brea en infantís, e Óscar Parente e Paula Paredes en cadetes.Por equipos, os que inscribiron a un maior número de participantes na proba foron o Atletismo Fontes do Sar, o Beer Runners da Coruña e o Atletismo Negreira.
No trazado longo, os mellores clasificados, por categorías, foron: en sénior masculino, Marcos Antonio Pascual, Marcos Almozara e José Manuel Ruso; en sénior feminina, María Montorio; en veterano 1 masculino, Daniel Paz, Alberto Carou e Pablo Miragaya; en veterano 1 mulleres, Verónica Parcero, Marga Moreno e Ana Vigo; en veterano 2, Javier Tourís, José Antonio Castro e Francisco Manuel; e en veterano 3, Santiago Vázquez, José Manuel González e José Uzal.