luns, 7 de marzo de 2016

LUIS IGLESIAS E BEA FERNÁNDEZ VENCEN NO MEDIO MARATÓN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A cuarta edición do Medio Maratón do Carballiño terminou coa vitoria do atleta ribeirao do club anfitrión, Luis Iglesias Raña, que se impuxo na proba dos 21,9 quilómetros, ao longo de tres voltas que saían e chegaban á avenida do Balneario.

Tras pasar por distintos enclaves da vila, incluído o parque municipal, o de Leiro impúxose ao seu compañeiro de equipo José Manuel Corral e a Carlos Lorenzo, que terminou terceiro. Na categoría feminina, impúxose Beatriz Fernández, seguida de María Rosario Figueroa e de Sonia Teijeiro.

Polo que respecta á versión de sete quilómetros da carreira, o triunfo levoullo outro ribeirao, Iván Docampo, con Marina Losa cruzando a meta por diante na clasificación feminina.

Tamén foi un fin de semana cargado nas categorías de base, comezando pola matinal de domingo dedicada á fase provincial de campo a través do programa Xogade da Xunta de Galicia. Cos principais equipos de formación presentes.

Fóra da provincia, Jesús Álvarez Teijeiro foi sexto no nacional xuvenil dos 3.000 metros lisos, á vez que na Coruña se disputaron tamén varios campionatos autonómicos de pista cuberta, destacando os títulos da infantil Belén García (ADAS) en altura e 50 metros valas, con marca galega nesta última. Tamén gañou o infantil Martín Rivera (Ourense) en 2.000 metros.