luns, 14 de marzo de 2016

LUMINOSA CARREIRA EN CAMARIÑAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A primeira proba do circuíto Correndo pola Costa da Morte, a Carreira Popular Concello de Camariñas foi un éxito rotundo. Bateuse a marca de participación, con 527 atletas, e a saída foi máis luminosa que nunca, o faro Vilán.

Os favoritos, o laxense Martín Regueira, e a mazarica Rocío Alvite, non deron opción a sorpresas, a pesar de que na categoría masculina Míchel Antelo (Vimianzo) a punto estivo de romper os prognósticos.

A proba reina, de 10 quilómetros, congregou toda a atención. Ademais, o deseño do circuíto fixo que pasase dúas veces polas rúas da localidade, nas que había moitos afeccionados que premiaron o paso dos deportistas ao longo de toda a xornada matinal.

Si no deportivo o éxito foi rotundo, na organización, que levou a cabo o Concello de Camariñas, todo funcionou á perfección. Tiveron que facer encaixes, pero as cincuenta presentas que formaron do dispositivo estaban perfectamente coordinadas e iso que había membros de Protección Civil de Camariñas, Muxía, Laxe, Vimianzo, Carballo e Arteixo, e policías locais de Camariñas e Muxía. E tamén houbo a música, a cargo das gaitas de Abrindo Rego, de Xaviña.

O alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, e o concelleiro de Deportes, José Campaña, estiveron desde o principio na entrega das medallas e trofeos en todas as categorías. Tamén tiveron o seu protagonismo os Braikes do Vilán, os ciclistas que acompañaron sempre aos atletas nas súas diferentes categorías, co fin de guiar por onde debería transcorrer.

A proba tamén serviu para o bautismo do Club Terra de Soneira CD, do que é o seu impulsor Enrique Santos Lorenzo e estiveron os do Club Os Muditos, entre outras entidades.