Xa hai tempo que esta prohibición está superada. Pero a participación nas carreiras segue sendo principalmente masculina. Dos 1.277 atletas que onte cruzaron a liña de meta, só 439 eran mulleres. A máis rápida foi Sofía Fernández, que completou o case sete quilómetros de percorrido en 26 minutos e 29 segundos, sorprendendo a unha das favoritas, Zelin Spencer. que quedou segunda con 27:06, asediada por Uxía García (27:11), que pechou o podio. Tamén estivo rifada a categoría masculina, sobre todo en canto ao triunfo. Levoullo Diego Ruiz con 22 minutos e 3 segundos, só nove menos que Anxo Castro (22:12). Terceiro foi outro dos habituais das carreiras populares coruñesas, o hispanomarroquí Abdelaziz Fatihi (22:44).
Sara Prieto e Martín Vázquez ( sub 18); Enma Argibay e Jorge Vázquez ( sub 16); Paula Vázquez e Daniel Salgueiro ( sub 14); Celia Fernández e Javier Picos ( sub 12) e Sara Díaz e Pablo Barreiro ( sub 10) gañaron as carreiras para menores que tiveron lugar durante toda a tarde. A proba absoluta tamén tivo outros vencedores por categorías: María Carregal e David Fernández ( sub 20); Laura Rey e Manuel Fernández ( sub 23); *Ángela Torrente e José Luis Seoane (veteranos 1); Rebeca Soto e Rubén Liñares (veteranos 2); Elisa Paz e Pablo Lema (veteranos 3) e Pilar Marquiz e Domingo Álvarez (veteranos 4). A próxima cita do circuíto Coruña Corre será a Baixada de San Pedro de Visma o 5 de maio.
Fonte: www.laopinioncoruna.es