sábado, 21 de abril de 2018

MÁIS DE 1.100 ATLETAS, NA PRIMEIRA PROBA DE CORRENDO POR OURENSE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Máis de 1.100 atletas participarán este domingo na primeira das probas do Correndo por Ourense, no barrio do Vinteún. A saída das diferentes categorías está programada entre as 12.00 e as 12.30 horas desde rúa Madre Soledad.

A recollida dos dorsais terá lugar hoxe, sábado, no pavillón dos Remedios entre as 10.00 e as 20.00 horas. O circuíto completo terá unha distancia de 6.000 metros para a competición da categoría absoluta e transcorrerá pola avenida de Santiago, rúa do Vinteún, río Corzo, río Mao, río Cobas, río Camba e regreso cara ao punto de partida.

Fonte: www.lavozdegalicia.es