sábado, 12 de setembro de 2015

MÁIS DE 200 ATLETAS ESTÁN INSCRITOS NA CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Máis de 200 atletas inscribíronse para participar na segunda edición da Carreira Popular Dolmen de Dombate, prevista para o vindeiro sábado, día 26. Organízaa o Concello de Cabana e a proba será puntuable para o circuíto Deputación Provincial, propietaria do centro de interpretación do dolmen.

As anotacións, que son gratuítas, poderán formalizarse ata o próximo día 23 na dirección www.championchipnorte.com ou nas oficinas do Concello de Cabana.

A referencia da proba tena o soneirán Míchel Antelo, que gañou a primeira edición, cun rexistro de 35 minutos e 30 segundos, e en mulleres a coruñesa de Bergondo Purificación Fernández, con 43-40. Preto de trescentos participantes tomaron parte, número que se espera superar nesta edición.

As categorías fixadas son as de infantil, cadete, xuvenil e absoluta de tres quilómetros, alevín, benxamín, pitufos e a absoluta de 10 quilómetros. A primeira iniciarase ás 17.00 horas e a última está prevista para as 18.45.

Entre os deportistas inscritos destaca o alxerino Abdelkader Bougurroudj, vencedor en Ponteceso e A Silva, todas elas probas puntuables para o circuíto. Tamén se espera, por agora non está inscrito, o marroquí Fathi Aziz, que gañou en Carballo.