mércores, 14 de outubro de 2015

MÁIS DE 300 ATLETAS PARTICIPARÁN NA CARREIRA DE FISTERRA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Onte estaban confirmados máis de 300 atletas na segunda edición da Carreira Popular Concello de Fisterra, que se celebrará o domingo e que hoxe pechará o prazo de inscrición.

Os interesados poderán anotarse na páxina web de inscrición ou ben nas oficinas do Concello de Fisterra. A cota é de cinco euros para as categorías de maiores, xa que as de base son gratuítas. Os organizadores esperan duplicar o número de participantes da pasada edición, que foi de 200.

A competición ten o seu máximo interese, posto que está en xogo o título do circuíto Correndo pola Costa da Morte, xa que logo só quedará a cita de Muxía para pechar a tempada.

Tanto Cristian Muíño (Coristanco) como Míchel Antelo (Vimianzo) xogaranse o galardón da proba e, á vez, o do circuíto. Si o coristanqués queda por diante de Míchel asegurar o título. Aínda que na loita para gañar en Fisterra daranse cita Javier Seoane (Carballo) e Martín Regueira (Laxe), así como Alberto Carou (Noia, que venceu o pasado ano), Xosé Antonio Barreiro (Santiago) ou Andrés Eirís (Carballo), entre outros.

Na categoría feminina, si anótase -onte non estaba- a carballesa Vanessa Lafuente, sería a máxima favorita. Outras opcións son a actual líder do circuíto, a mazarica Rocío Alvite, Eva María Portas (A Coruña), Belén Pérez (Cee), Paula Trillo (Vimianzo) ou Carmen García (Cee).

Na distancia de 5 quilómetros, o santiagués Amador Pena é o rival a bater e en mulleres pode haber outra loita como en Corcubión entre a muradá Tina Rodríguez e a noiesa Jessica Muíños. Aínda que sempre poden aparece novos candidatos a loitar pola vitoria e sorprender.