mércores, 1 de xuño de 2016

MÁIS DE 400 ATLETAS ESTÁN ANOTADOS PARA A CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ZAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Onte estaban confirmados máis de 400 deportistas para a Carreira Popular Concello de Zas, que terá lugar o vindeiro sábado e que será a cuarta cita do circuíto Correndo pola Costa da Morte.

As anotacións poderán formalizarse ata mañá ás doce da noite na dirección web. A cota para a competición sénior é de cinco euros para os que dispoñan de chip e de seis para o resto.

Os organizadores comezarán a xornada ás cinco da tarde coa saída dos benxamíns e alevíns. Continuará ás 17.30 coa absoluta de 3 quilómetros, na que tamén se inclúen infantís, cadetes e xuvenís, a proba reina de 10 quilómetros será ás 18.00 e concluirase a xornada deportiva cos pitufos, que será ás 19.30.

O percorrido será o mesmo que o da pasada edición, na que foi o vencedor Míchel Antelo, de Vimianzo, cun tempo de 25 minutos e 14 segundos. Precisamente o vencedor vén de gañar a proba do pasado sábado en Dumbría, despois de ser segundo en Vimianzo e Camariñas. Na categoría feminina, o ano pasado gañou Rocío Alvite (Mazaricos), que tamén se impuxo ata o momento nas tres carreiras disputadas en Dumbría, Vimianzo e Camariñas. Na pasada edición realizou un tempo de 39 minutos e 51 segundos.