A Carreira Camiño dás Letras partirá hoxe do Pico Sacro e chegará ao Gaiás. A proba, «unha idea moi orixinal», como sinala Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, naceu para unir cultura e deporte a través da Ruta Xacobea coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. Chega á súa cuarta edición.
Nesta cuarta carreira inscribíronse un total de 456 deportistas. Na categoría masculina participarán 229 atletas e na competición feminina sairán 23 deportistas. Nas carreiras de base tomarán parte 204 nenos e nenas.
Os horarios serán os seguintes: 10.00 horas, carreira absoluta, con 15.000 metros aproximadamente; 10.30, cadete-xuvenil (3.000 metros); 10.45, alevín-infantil (1.500 metros); 11.30, prebenjamín-benxamín (700); e 11.45, pitufos (200 metros).