domingo, 16 de xullo de 2017

MÁIS DE 400 INSCRITOS NA SEGUNDA EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO EN VILAÑO-A LARACHA.

Corredores da talla de David Castro (subcampión do mundo de duatlón), Amador Pena, Angel Maceiras, Manuel Oliver e Nicolás Domínguez, favoritos na categoría absoluta, mediranse este sábado 22 en terreo larachés.

Á falta de tan só uns poucos días para o peche das inscripcións, son xa máis de 400 as persoas apuntadas para segunda edición da Carreira Popular do Apóstolo en Vilaño, no Concello da Laracha.

Ademáis da gran cantidade de afeccionados ao deporte que acudirán ao evento, cabe destacar a participación de heroes locais e corredores internacionais que se unirán á proba que este ano se recolle dentro do Circuito Provincial de A Coruña. 

Entre eles esta David Castro, nado na Laracha, máis de 80 veces internacional co equipo español de triatlón e con máis de 50 titulos nacionais e internacionais entre os que se destacan o subcampionato do mundo de triatlon e a primeira medalla mundialista para España no mesmo deporte. Corredores da talla de Amador Pena, Ángel Maceiras e Nicolás Dominguez (segundo o ano pasado) apuntan para ser os favoritos na segunda edición da carreira da parroquia de Vilaño. Luis Miguel Bardanca estreará a categoría de handbike que se presenta este ano en primicia para que todas as persoas poidan disfrutar desta festa do deporte.

As inscripcións permanecerán abertas ata este mércores 19 de xullo de forma online na web www.carreirasgalegas.com e de forma presencial tanto no Concello de A Laracha como na Piscina Municipal.