A sétima cita do circuíto Correndo pola Costa da Morte celebrarase o vindeiro domingo, con motivo da Carreira Popular Concello de Muxía. A falta de tres días para o peche do prazo das inscricións, máis de medio milleiro de atletas confirmaron a súa presenza. As anotacións, que se poderán realizar ata o próximo día 5 na
dirección web, ten un custo de cinco euros para os maiores (séniores e veteranos).
A xornada arrincará coa proba de 10K, ás 10.30 da mañá, para, a continuación, ir celebrándose o resto: 3K (inclúe xuvenil, cadete e infantil), ás 11.45 horas; benjamín e alevín, ás 12.15; para concluír cos pitufos, ás 12.30 horas.
O percorrido será o habitual, que inclúe pasar polo santuario dá Barca.