mércores, 20 de abril de 2016

MÁIS DE 560 ATLETAS ESTÁN INSCRITOS NA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIMIANZO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Ata onte estaban confirmados máis de 560 atletas para competir na Carreira Popular Concello de Vimianzo, que se celebrará o domingo e na que hoxe, ás 23.59 horas, pecharase o prazo para realizar as inscricións.

A cota é de cinco euros para as categorías absolutas, tanto de 10 como 5 de quilómetros. Esta, de carácter solidaria, xa que o recadado será entregado á loita contra el cáncer. Tamén se poden apuntar na dirección www.vimianzo.gal, que corresponde ao Concello, que é o organizador.

No puramente deportivo, o máximo favorito na proba reina de 10 quilómetros será novamente Martín Regueira (Laxe), que xa venceu en Camariñas na primeira cita do Circuíto Correndo pola Costa da Morte. Os seus directos adversarios nesta ocasión serán o soneirán Míchel Antelo, o carballés Javier Seoane e o noiés Alberto Carou, que afronta a súa primeira cita de asfalto despois de competir en monte. Nun segundo grupo figuran César Vázquez (Zas), Arturo Pasantes (Brens-Cee), Constante Lorenzo (Muxía), David Calzas (Vimianzo), Xosé Antón Barreiro (Santiago) e José Suárez (A Baña), entre outros.

Na categoría absoluta feminina, a máxima referente volverá ser Rocío Alvite (Mazaricos), que está nunha gran forma, como o demostrou en Camariñas. A atleta que milita agora no Club Sar de Santiago demostrou unha gran autoridade na primeira cita, ao sacar tres minutos a Teresa Castro (Vimianzo), que será dúbida por unhas molestias musculares.

A loita que poidan manter Paula Trillo (Vimianzo) e Paula Esteiro (Camariñas) centrará de forma especial a atención dos afeccionados.